Nova etapa do Camiño de Santiago co Seminario Menor

¿Conoces a algún jóven de tu grupo de catequesis al que puedas animar a esta actividad?


No pasado mes de outubro dabamos comezo a unha nova actividade: percorrer xuntos o tramo do Camiño portugués a Santiago que transcorre polas nosas terras. O domingo 12 , tras unha breve catequese e a bendición do peregrino, saiamos da catedral de Tui rumbo a vila de Porriño, a nosa primeira etapa. Nesta ocasión partiremos dende a mesma vila coa intención de chegar a Redondela, onde, como cada xornada, xantaremos e celebraremos a Eucaristía dominical antes de voltar para o Seminario.



Recordamos, a continuación, algúns datos de interese que xa saíron en entradas anteriores:

Data

Domingo 9 de novembro

Etapa

Porriño – Redondela

Material necesario

Calzado cómodo e forte, roupa de abrigo e para cambiarse (se nos mollamos), chubasquero, botellín de auga, comida de cada día…

Saída

Dende o Seminario Menor de Santiago, ás 8:30 h.

Inscripcións

Por correo electrónico, indicando: nome e apelidos, idade, relación có Seminario. Dirección: santiromero@smasuncion.es Sempre haberá correo de resposta para asegurar a inscripción. Ante calquer dúbida, podes escribir ao mesmo correo ou chamar ao 981 58 92 00.

Prezo

Obviamente trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario que todos aportemos para dar resposta ás necesidades que temos, coma é o caso do autobús que nos levará e nos traerá cada día. Por iso pedimos unha aportación por persoa e día de 10 euros.

Poden participar

Tódolos nosos alumnos (internos, externos e mediopensionistas), xunto coas súas familias, o profesorado e persoal do centro, así coma aqueles nenos e xóvenes que nos queran coñecer e están pensando na posibilidade de estudiar con nós nos vindeiros cursos.



11:43
Secciones:

Publicar un comentario

[facebook][blogger]

SacerdotesCatolicos

{facebook#https://www.facebook.com/pg/sacerdotes.catolicos.evangelizando} {twitter#https://twitter.com/ofsmexico} {google-plus#https://plus.google.com/+SacerdotesCatolicos} {pinterest#} {youtube#https://www.youtube.com/channel/UCfnrkUkpqrCpGFluxeM6-LA} {instagram#}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con tecnología de Blogger.
Javascript DesactivadoPor favor, active Javascript para ver todos los Widgets